miércoles, 26 de abril de 2017

Saúl (La Insurgencia), 2 anos de prisión por facer cancións

Publicado en: 26 Abril, 2017

http://kaosenlared.net/saul-la-insurgencia-2-anos-de-prision-por-facer-cancions/

Por Galiza Contrainfo
“Saúl, veciño do barrio, compañeiro e membro da Asemblea enfróntase a un procedemento penal no que a Fiscalía solicita dous anos de prisión e 4.800 € de multa por facer cancións con contido reivindicativo”.

Falamos con Saúl, rapeiro de La Insurgencia, e coa súa nai, aproveitando un acto en defensa da liberdade de expresión organizado pola Asemblea Aberta de Coia. Como denuncian desde a organización veciñal, “Saúl, veciño do barrio, compañeiro e membro da Asemblea enfróntase a un procedemento penal no que a Fiscalía solicita dous anos de prisión e 4.800 € de multa por facer cancións con contido reivindicativo”.
Con este acto a Asemblea quere “amosar toda a nosa solidariedade con Saúl, e coas demáis persoas que afrontan procesos similares, polos mesmos feitos. Xa que nos parece absolutamente desproporcionada a intención de castigar a loita social, en calquera das súas manifestacións, con altas penas de prisión”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario